<sect2 id="calc-geodetic"> <title >Módulo de coordenadas xeodésicas</title> <indexterm ><primary >Ferramentas</primary> <secondary >Astrocalculadora</secondary> <tertiary >Módulo de coordenadas xeodésicas</tertiary> </indexterm> <screenshot> <screeninfo >O módulo de calculadora das coordenadas xeodésicas </screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="calc-geodetic.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Coordenadas xeodésicas</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> <para >O <link linkend="ai-geocoords" >sistema de coordenadas xeográficas</link > normal asume que a Terra é unha esfera perfecta. Isto é practicamente certo, polo que, na maioría dos casos, as coordenadas xeográficas van ben. Se se require unha precisión elevada, hai que ter en conta a forma real da Terra. A Terra é un elipsoide; a distancia arredor do ecuador é aproximadamente un 0,3% máis longa que un <link linkend="ai-greatcircle" >gran círculo</link > que pase polos polos. O <firstterm >sistema de coordenadas xeodésicas</firstterm > ten en conta esta forma elipsoidal e expresa a posición na superficie da Terra en coordenadas cartesianas (X, Y e Z). </para> <para >Para empregares este módulo, selecciona primeiro que coordenadas vas utilizar como entrada na sección <guilabel >Selección da entrada</guilabel >. Despois enche as coordenadas de entrada na sección <guilabel >Coordenadas cartesianas</guilabel > ou en <guilabel >Coordenadas xeográficas</guilabel >. Ao premeres o botón <guibutton >Calcular</guibutton >, aparecen as coordenadas correspondentes. </para> </sect2>