<sect1 id="ai-cpoles"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >Os polos celestes</title> <indexterm ><primary >Polos celestes</primary> <seealso >Coordenadas ecuatoriais</seealso> </indexterm> <para >O ceo parece desprazarse por riba das nosas cabezas de leste a oeste, completando un circuíto completo do ceo en 24 (horas <link linkend="ai-sidereal" >sidéreas</link >). Este fenómeno débese á rotación da Terra sobre o seu eixo. O eixo de rotación da Terra intersecciona a <link linkend="ai-csphere" >esfera celeste</link > en dous puntos. Estes puntos son os <firstterm >polos celestes</firstterm >. Segundo a terra xira, estes fican fixos no ceo e todos os demais puntos parecen rotar arredor deles. Os polos celestes son tamén os polos do <link linkend="equatorial" >sistema de coordenadas ecuatorial</link >, o que quere dicir que teñen <firstterm >declinacións</firstterm > de +90 graos e -90 graos (polos norte e sul, respectivamente). </para ><para >O polo norte celeste ten actualmente as mesmas coordenadas que a brillante <firstterm >Estrela Polar</firstterm > (que en Latín se chama <quote >Polaris</quote >). Isto fai que a Estrela Polar resulte útil para a navegación: non só está sempre por riba do punto norte do horizonte, senón que o seu ángulo de <link linkend="horizontal" >altitude</link > é sempre (case) igual á <link linkend="ai-geocoords" >latitude xeográfica</link > do observador (a Estrela Polar, porén, só se pode ver desde lugares do Hemisferio Norte). </para ><para >O feito de que a Estrela Polar estea perto do polo é unha pura coincidencia. De feito, debido á <link linkend="ai-precession" >precesión</link >, a Estrela Polar está perto do polo só unha pequena parte do tempo. </para> <tip> <para >Exercicios:</para> <para >Emprega a xanela <guilabel >Procurar un obxecto</guilabel > (<keycombo action="simul" >&Ctrl;<keycap >F</keycap ></keycombo >) para localizar a Estrela Polar. Lembra que a súa declinación é de case (ainda que non exactamente) +90 graos. Compara a lectura da alatitude cando o visor está centrado nela coa latitude xeográfica do lugar no que esteas. Están sempre a un grao de distancia. Non son exactamente iguais porque a Estrela Polar non está exactamente no polo (pódese apuntar exactamente para o polo pasando a coordenadas ecuatoriais e premendo a frecha para riba até que o ceo deixe de desprazarse). </para ><para >Usa o selector <guilabel >Paso de tempo</guilabel > da barra de tarefas para acelerar o tempo a pasos de 100 segundos. Podes ber como todo o ceo parece rotar arredor da Estrela Polar mentres que esta fica practicamente estacionaria. </para ><para >Dixemos que o polo celeste é o polo do sistema de coordenadas ecuatoriais. Cal pensass que é o polo do sistema de coordenadas horizontais (Altitude/Acimut) (O <link linkend="ai-zenith" >Cénit</link >). </para> </tip> </sect1>