<sect1 id="ai-csphere"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >A esfera celeste</title> <indexterm ><primary >Esfera celeste</primary> <seealso >Sistemas de coordenadas celestes</seealso> </indexterm> <para >A esfera celeste é unha esfera imaxinaria de raio xigantesco centrada na Terra. Todos os obxectos que se poden ver no ceo pódense pensasr como se descansasen sobre a superficie desta esfera. </para ><para >Por suposto, sabemos que os obxectos do ceo non están na superficie dunha esfera centrada na Terra e daquela, para que preocuparse con un construto así? Todo o que se ve no ceo está tan lonxe que as súas distancias son imposíbeis de discernir simplemente mirando. Dado que as distancias son indeterminadas, só hai que saber a <emphasis >dirección</emphasis > cara o obxecto para localizalo no ceo. Neste sentido, o modelo da esfera celeste é moi práctico para situar os obxectos no ceo. </para ><para >As direccións cara os diversos obxectos do ceo pódese cuantificar construindo un <link linkend="ai-skycoords" >sistema de coordenadas celestes</link >. </para> </sect1>