<sect1 id="ai-ecliptic"> <sect1info> <author ><firstname >John</firstname > <surname >Cirillo</surname > </author> </sect1info> <title >A Eclíptica</title> <indexterm ><primary >Eclíptica</primary> <seealso >Coordenadas eclípticas</seealso> </indexterm> <para >A Eclíptica é un <link linkend="ai-greatcircle" >círculo máximo</link > imaxinario da <link linkend="ai-csphere" >esfera celeste</link > ao longo do cal parece que se move o Sol durante o curso dun ano. Por suposto, realmente é a órbita da Terra arredor do Sol a que causa a dirección aparente do Sol. A eclíptica está inclinada un 23,5 graos sobre o <link linkend="ai-cequator" >ecuador celeste</link >. Os dous puntos nos que a Eclíptica cruza o ecuador celeste coñécense como <link linkend="ai-equinox" >equinocios</link >. </para ><para >Dado que o noso sistema solar é relativamente plano, as órbitas dos planetas tamén están próximas do plano da Eclíptica. Ademais, as constelacións do zodíaco están situadas ao longo da Eclíptica. Isto fai que a Eclíptica sexa unha liña de referencia moi útil para quen queira localizar os planetas ou as constelacións do Zodíaco, dado que todos, literalmente, <quote >seguen o Sol</quote >. </para ><para >Debido á inclinación de 23,5 graos da Eclíptica, a <firstterm >altitude</firstterm > do Sol no mediodía muda ao longo do ano segundo aquel segue o roteiro da Eclíptica polo ceo. Isto causa as estacións. No verán, o Sol está alto no ceo ao mediodía e fica sobre o <link linkend="ai-horizon" >horizonte</link > durante máis de vinte horas. No entanto, no inverno o Sol está baixo no ceo ao mediodía e fica por riba do horizonte menos de doce horas. Ademais, a luz solar recíbese na superficie da Terra nun ángulo máis directo no verán, o que significa que unha área dada de superficie recibe máis enerxía por segundo no verán que no inverno. As diferenzas na duración do día e na enerxía recibida por unidade de superficie provocan as diferenzas de temperatura que experimentamos no verán e no inverno. </para> <tip> <para >Exercicios:</para> <para >Asegúrate de que estás situado algures non moi lonxe do Ecuador para estes experimentos. Abre a xanela <guilabel >Configurar &kstars;</guilabel > e pasa ás coordenadas horizontais, mostrando o solo opaco. Abre a xanela <guilabel >Axustar a hora</guilabel > (<keycombo action="simul" >&Ctrl;<keycap >S</keycap ></keycombo >) e cambia a data á metade do verán e a hora ás 12.00 do mediodía. Na xanela principal, apunta cara o horizonte sul (preme <keycap >S</keycap >). Observa a altura do Sol sobre o horizonte no mediodía e no verán. Agora, cambia a data para a metade do inverno (mais deixa a hora ás 12.00 do mediodía). O Sol está moito máis baixo no ceo. Tamén percibirás que as duracións do día son diferentes se abres a ferramenta <guilabel >Que pasa esta noite</guilabel > para cada data. </para> </tip> </sect1>