<sect1 id="ai-equinox"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >Os equinocios</title> <indexterm ><primary >Equinocios</primary> <seealso >Ecuador celeste</seealso > <seealso >Eclíptica</seealso > </indexterm> <para >A maioría das persoas coñecen os equinocios vernal (ou de primavera) e de outono como datas do calendario que indican o comezo da primavera e do outono no Hemisferio Norte, respectivamente. Sabías que os equinocios son tamén posicións no ceo? </para ><para >O <link linkend="ai-cequator" >Ecuador celeste</link > e a <link linkend="ai-ecliptic" >Eclíptica</link > son dous <link linkend="ai-greatcircle" >círculos máximos</link > da <link linkend="ai-csphere" >esfera celeste</link > situados a un ángulo de 23,5 graos. Os dous puntos onde se interseccionan chámanse <firstterm >equinocios</firstterm >. O <firstterm >Equinocio Vernal</firstterm > ten as coordenadas AR=0,0 horas, Dec=0,0 graos. O <firstterm >Equinocio de Outono</firstterm > ten as coordenadas AR=12,0 horas, Dec=0,0 graos. </para ><para >Os equinocios son importantes para marcar as estacións. Dado que están na <link linkend="ai-ecliptic" >Eclíptica</link >, o Sol pasa por cada equinocio cada ano. Cando o Sol passa polo Equinocio Vernal (normalmente o 21 de marzo), cruza o <link linkend="ai-cequator" >Ecuador celeste</link > de sul a norte, o que indica o fin do inverno no Hemisferio Norte. Da mesma maneira, cando o Sol pasa polo Equinocio de Outono (normalmente o 21 de setembro), cruza o Ecuador celeste de norte a sul, o que indica o remate do inverno no Hemisferio Sul. </para> </sect1>