<appendix id="installation"> <title >Instalación</title> <sect1 id="getting-kstars"> <title >Como obter o &kstars;</title> <para >O &kstars; distribúese co &kde; como parte do módulo "Edutainment" do kdeedu. </para> <para >En ocasións facemos unha publicación independente. Estas publicacións independentes están disponíbeis como arquivo tar comprimido co gzip no seguinte sitio web: <ulink url="http://prdownloads.sourceforge.net/kstars/" >http://prdownloads.sourceforge.net/kstars/</ulink >. </para> <para >As publicacións independentes anúncianse na lista de correo <email >kstars-announce@lists.sourceforge.net</email >. Tamén se publican na <ulink url="http://edu.kde.org/kstars" >páxina web do &kstars;</ulink >, en <ulink url="http://www.kde-apps.org/content/show.php?content=9862" >kde-apps.org</ulink > e en <ulink url="http://freshmeat.net/projects/kstars" >freshmeat.net</ulink >. </para> <para >O &kstars; inclúese como paquete en moitas distribucións de Linux/BSD, incluídas Redhat, Suse e Mandrake. Algunhas distribucións inclúen paquetes co &kstars; como aplicación separada e outras simplemente fornecen un paquete kdeedu que inclúe o &kstars;. </para ><para >Para obter a versión en desenvolvemento máis recente do &kstars; sigue <ulink url="http://edu.kde.org/kstars/svn.php" >estas instrucións</ulink >. </para> </sect1> <sect1 id="requirements"> <title >Requisitos</title> <para >Para executar con éxito o &kstars; precísase &kde; >=4.0 e &Qt; >=4.3. </para> <para >Para compilar o &kstars; tamén hai que ter instalados os paquetes seguintes: <itemizedlist> <listitem ><para >kdelibs-devel</para ></listitem> <listitem ><para >qt-devel</para ></listitem> <listitem ><para >zlib-devel</para ></listitem> <listitem ><para >fam-devel</para ></listitem> <listitem ><para >png-devel</para ></listitem> <listitem ><para >jpeg-devel</para ></listitem> <listitem ><para >cmake</para ></listitem> </itemizedlist ></para> <para >No meu sistema, o &kstars; utiliza uns 60 MB de memoria do sistema coa configuración por omisión. A maior parte deste uso débese ás bases de datos de obxectos cargadas. Pódese reducir enormemente a ocupación da memoria reducindo o límite de visibilidade das estrelas na xanela de configuración ou eliminando catálogos de obxectos (NGC, IC, cometas, asteroides, &etc;). Se o &kstars; non está a facer nada emprega moi pouca <acronym >CPU</acronym >, mais utiliza toda a disponíbel cando se despraza ou amplía a visualización. </para> </sect1> <sect1 id="compilation"> <title >Compilación e instalación</title> <para >Para poder compilar e instalar o &kstars; escribe o seguinte no cartafol base da distribución de &kstars; sen desempaquetar: <screen width="40" ><prompt >%</prompt > <userinput >./configure --prefix=$KDEDIR</userinput> <prompt >%</prompt > <userinput >make</userinput> <prompt >%</prompt > <userinput >make install</userinput > </screen> </para ><para >Non esquezas o argumento do prefixo para configurar. Se non se asigna unha variábel <envar >KDEDIR</envar > hai que asignarlle ao prefixo o cartafol no que está instalado o &kde;: normalmente é <filename class="directory" >/usr</filename >, <filename class="directory" >/opt/kde</filename > ou <filename class="directory" >/opt/kde3</filename >. Asegúrate tamén de facer o último paso como <systemitem class="username" >root</systemitem >. </para ><para >O &kstars; emprega <command >autoconf</command > e <command >automake</command >, polo que non debería dar problemas ao compilar. Se aparecen problemas, informa na lista de correo do &kstars;, <email >kstars-devel@kde.org</email > </para> </sect1> <sect1 id="configuration"> <title >Configuración</title> <para >Nesta altura non hai opcións ou requisitos de configuración especiais. Se o &kstars; se queixa de que lle faltan ficheiros de datos, entra como <systemitem class="username" >root</systemitem > e copia manualmente todos os ficheiros que haxa en <filename class="directory" >kstars/data</filename > para <filename class="directory" >$(KDEDIR)/apps/kstars</filename > (se non tes privilexios de <systemitem class="username" >root</systemitem > cópiaos para <filename class="directory" >~/.kde/share/apps/kstars/.</filename >) </para> </sect1> </appendix>