<chapter id="using-kstars"> <title >Vista rápida do &kstars;</title> <para >Este capítulo presenta unha visita guiada do &kstars;, presentando moitas das súas características máis importantes. </para> <screenshot> <screeninfo >Velaquí unha captura da xanela principal do &kstars;: </screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="screen1.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Xanela principal</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> <para >A imaxe anterior mostra unha vista típica do programa KStars. Pódese ver o visor do ceo centrado en Betelgeuse, a estrela máis brillante da constelación de Orión. Orión acaba de ascender sobre o horizonte oriental. As estrelas móstranse con <link linkend="ai-colorandtemp" >cores realistas</link > e brillo relativo. En tres recantos do visor do ceo hai textos sobre a pantalla que mostran datos sobre a hora actual (<quote >LT: 16:38:42 23 Jan 2008</quote >), o lugar xeográfico actual (<quote >Tucson, Arizona, USA</quote >) e o obxecto actual no centro do visor (<quote >centrado en Betelgeuse (alpha Orionis)</quote >). Por riba do visor do ceo hai dúas barras de ferramentas. A barra de ferramentas principal contén atallos ás <link linkend="kstars-menus" >funcións do menú</link >, así como un selector de pasos de tempo que controla a velocidade coa que se executa o reloxo de simulación. A barra de ferramentas da vista contén botóns que alternan como se mostran diferentes tipos de obxectos do ceo. No fondo da xanela hai unha barra de estado que mostra o nome de calquera obxecto que se prema e as <link linkend="ai-skycoords" >coordenadas celestes</link > (ascensión recta/declinación e azimut/altitude) do cursor do rato. </para> <sect1 id="startwizard"> <title >O Asistente de configuración</title> <para> <indexterm ><primary >Asistente de configuración</primary ></indexterm > A primeira vez que se executa o KStars aparece un Asistente de configuración que permite axustar doadamente o lugar xeográfico e transferir algúns ficheiros con datos adicionais. Pódese premer o botón <guilabel >Rematar</guilabel > en calquera momento para sair do Asistente de configuración. </para> <para >A primeira páxina do Asistente de configuración permite escoller o lugar xeográfico de inicio seleccionándoo da lista de máis de 2500 lugares coñecidos da parte dereita da xanela. Pódese filtrar a lista de lugares para que corresponda co texto que se escriba nas caixas de edición <guilabel >Cidade</guilabel >, <guilabel >Provincia</guilabel > e <guilabel >País</guilabel >. Se o lugar desexado non está presente na lista, pódese seleccionar unha cidade próxima no seu canto. Posteriormente pódese engadir o lugar preciso manualmente coa <link linkend="setgeo" >ferramenta Axustar o lugar xeográfico</link >. Unha vez seleccionado un lugar de inicio hai que premer o botón <guilabel >Seguinte</guilabel >. </para> <para >A segunda páxina do Asistente de configuración permite transferir datos adicionais que non se inclúen na distribución normal do &kstars;. Simplemente preme o botón <guilabel >Descargar datos adicionais</guilabel > para abrir a ferramenta <guilabel >Obter novidades</guilabel >. Ao rematar, preme o botón <guilabel >Rematar</guilabel > do Asistente de configuración para comezar a explorar o &kstars;. </para> </sect1> <sect1 id="lookaround"> <title >Olla o que hai</title> <para> <indexterm ><primary >Controles de navegación</primary> <secondary >Fundamentos</secondary ></indexterm> Unha vez axustada a hora e o lugar, ollemos o que hai. Pódese mover o visor coas teclas das frechas. A velocidade increméntase se se preme a tecla &Shift;. Tamén se pode mover o visor premendo e arrastrando co rato. Observa que cando se despraza non se mostran todos os obxectos. Isto faise para reducir o esforzo da <acronym >CPU</acronym > ao recalcular as posicións dos obxectos, o que fai que o desprazamento sexa máis suave (pódese configurar o que se queira ocultar ao desprazarse na xanela <link linkend="config" >Configurar &kstars;</link >). Hai varias maneiras de mudar a ampliación (ou <firstterm >nivel de zoom</firstterm >) do visor:</para> <orderedlist> <listitem> <para >Emprega as teclas <keycap >+</keycap > e <keycap >-</keycap ></para> </listitem> <listitem> <para >Preme os botóns Achegar/Alonxar da barra de ferramentas</para> </listitem> <listitem> <para >Selecciona <guimenuitem >Achegar</guimenuitem >/<guimenuitem >Alonxar</guimenuitem > no menú <guimenu >Vista</guimenu ></para> </listitem> <listitem> <para >Selecciona <guimenuitem >Ampliar ao tamaño angular...</guimenuitem > no menú <guimenu >Vista</guimenu >. Isto permite especificar o ángulo do campo de visión do visor en graos.</para> </listitem> <listitem> <para >Emprega a rodiña do rato</para> </listitem> <listitem> <para >Arrastra o rato para riba e para baixo co &MMB; premido.</para> </listitem> <listitem> <para >Mantén premido &Ctrl; mentres arrastras o rasto. Isto permite definir un rectángulo no mapa. Ao soltar o botón do rato o visor amplíase para coincidir co rectángulo.</para> </listitem> </orderedlist> <para >Observa que ao te achegares podes ver estrelas máis tenues que con ampliacións menores.</para> <para >Alónxate até poderes ver unha curva verde; representa o <link linkend="ai-horizon" >horizonte</link > local. Se non se axustou a configuración por omisión do &kstars;, o visor estará en verde por baixo do horizonte, co que representa o solo sólido da Terra. Hai tamén unha curva branca, que representa o <link linkend="ai-cequator" >ecuador celeste</link > e unha curva marrón, que representa a <link linkend="ai-ecliptic" >Eclíptica</link >, o roteiro que o Sol semella seguir ao longo do ceo durante un ano. O Sol sempre está nun lugar da Eclíptica e os planetas nunca están lonxe dela. </para> </sect1> <sect1 id="skyobjects"> <title >Obxectos do ceo</title> <para> <indexterm ><primary >Obxectos do ceo</primary> <secondary >Resumo</secondary ></indexterm> O &kstars; mostra milleiros de obxectos celestes: estrelas, planetas, cometas, asteroides, clústeres, nebulosas e galaxias. Pódese interaccionar cos obxectos que se mostran para realizar accións sobre eles ou obter máis información sobre eles. Cando se preme un obxecto, este identifícase na barra de estado e simplemente pasando co cursor do rato sobre un obxecto fai que apareza unha lenda temporalmente no mapa. Premer dúas veces centra o visor no obxecto e comeza a seguilo (para que fique centrado segundo pasa o tempo). Premer un obxecto co botón <mousebutton >dereito</mousebutton > do rato abre o menú emerxente do obxecto, que fornece máis opcións. </para> <sect2 id="popupquick"> <title >O menú emerxente</title> <indexterm ><primary >Menú emerxente</primary ><secondary >Exemplo</secondary ></indexterm> <para >Velaquí un exemplo do menú emerxente co botón <mousebutton >dereito</mousebutton > do rato da Nebulosa de Orión: </para> <screenshot> <screeninfo >Menú emerxente da M 42</screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="popup.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Menú emerxente da M 42</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> <para >A aparencia do menú emerxente depende algo do tipo de obxecto que se prema co botón <mousebutton >dereito</mousebutton > do rato, mais a estrutura básica enumérase embaixo. Pódese obter <link linkend="popup-menu" >información máis detallada acerca do menú emerxente</link >. </para> <para >A sección superior contén algunhas liñas de información que non se poden seleccionar: os nomes do obxecto ("M 42"; "Nebulosa de Orión"), o tipo de obxecto ("nebulosa gasosa") e a constelación que contén o obxecto ("Ori"). As tres liñas seguintes mostran as horas de ascensión, ocaso e tránsito. Se as horas de ascensión e ocaso din "circumpolar" significa que o obxecto sempre está por riba do horizonte no lugar actual. </para> <para >A sección central contén accións que se poden realizar sobre o obxecto seleccionado, como <guimenuitem >Centrar e seguir</guimenuitem >, <guimenuitem >Detalles...</guimenuitem > e <guimenuitem >Engadir lenda</guimenuitem >. Consulta a <link linkend="popup-menu" >descrición do menú emerxente</link > para a lista completa e a descrición de cada acción. </para> <para> <indexterm ><primary >Obxectos do ceo</primary> <secondary >Ligazóns á Internet</secondary> <seealso >Menú emerxente</seealso ></indexterm> A sección inferior contén ligazóns a imaxes e/ou páxinas web informativas acerca do obxecto. Se coñeces &URL; adicionais con información ou imaxes do obxecto podes engadir unha ligazón personalizada ao menú emerxente do obxecto co elemento <guimenuitem >Engadir ligazón...</guimenuitem >. </para> </sect2> <sect2 id="findobjects"> <title >Atopar obxectos</title> <indexterm ><primary >Ferramenta Procurar un obxecto</primary ></indexterm> <indexterm ><primary >Obxectos do ceo</primary> <secondary >Procurar polo nome</secondary ></indexterm> <para >Pódense procurar obxectos con nome coa ferramenta <guilabel >Procurar un obxecto</guilabel >, que se pode abrir premendo a icona <guiicon >procurar</guiicon > da barra de ferramentas, seleccionando <guimenuitem >Procurar un obxecto...</guimenuitem > no menú <guimenu >Apuntar</guimenu > ou premendo <keycombo action="simul" >&Ctrl;<keycap >F</keycap ></keycombo >. Abaixo vese a xanela <guilabel >Procurar un obxecto</guilabel >: <screenshot> <screeninfo >Xanela Procurar un obxecto</screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="find.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Xanela Procurar un obxecto</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> </para> <para >A xanela contén unha listaxe de todos os obxectos con nome que coñece o &kstars;. Moitos obxectos só teñen un nome de catálogo numérico (por exemplo, NGC 3077), mais algúns obxectos teñen tamén un nome común (por exemplo, a Galaxia de Andrómeda). Pódese filtrar a lista polo nome ou polo tipo de obxecto. Para filtrar polo nome, escribe un texto na caixa de edición da parte superior da xanela; a lista conterá só nomes que comecen por ese texto. Para filtrar polo tipo, selecciona un tipo no menú despregábel do fondo da xanela. </para ><para >Para centrar o visor nun obxecto, resalta o obxecto desexado na listaxe e preme <guibutton >Aceptar</guibutton >. Lembra que se o obxecto estiver por baixo do horizonte o programa avisará de que non se verá máis que o solo (pódese facer que o solo sexa invisíbel na xanela <guilabel >Opcións de visualización</guilabel > ou premendo o botón <guiicon >Solo</guiicon > da barra de ferramentas Vista). </para> </sect2> <sect2 id="centertrack"> <title >Centrado e seguimento</title> <indexterm ><primary >Obxectos do ceo</primary> <secondary >Seguimento</secondary ></indexterm> <para >O &kstars; comeza a seguir automaticamente un obxecto cando haxa un centrado no visor, empregando a xanela <guilabel >Procurar un obxecto</guilabel >, preméndoo dúas veces ou seleccionando <guimenuitem >Centrar e seguir</guimenuitem > no menú emerxente do botón <mousebutton >dereito</mousebutton > do rato. Pódese anular o seguimento movendo o visor, premendo a icona <guiicon >Bloquear</guiicon > da barra de ferramentas principal ou seleccionando <guimenuitem >Seguir un obxecto</guimenuitem > no menú <guimenu >Apuntar</guimenu >. </para> <note> <para> <indexterm ><primary >Roteiros orbitais</primary> <secondary >Ligados ao obxecto centrado</secondary> </indexterm> Ao seguir un corpo do Sistema Solar, o &kstars; engade automaticamente un <quote >roteiro orbital</quote > que mostre a ruta do obxecto polo ceo. Probabelmente haxa que mudar o tempo de paso do reloxo para un valor maior (como <quote >1 día</quote > para ver o roteiro. </para> </note> </sect2> <sect2 id="objectactions"> <title >Accións do teclado</title> <indexterm ><primary >Obxectos do ceo</primary> <secondary >Accións do teclado</secondary ></indexterm> <para >Ao premer un obxecto do mapa, este tórnase o <firstterm >obxecto seleccionado</firstterm > e identifícase o seu nome na barra de estado. Hai moitos comandos rápidos de teclas disponíbeis que poden actuar sobre o obxecto: <variablelist> <varlistentry> <term ><keycap >C</keycap ></term> <listitem> <para >Centrar e seguir o obxecto</para> </listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycap >D</keycap ></term> <listitem> <para >Mostrar a <link linkend="tool-details" >Xanela de detalles</link > do obxecto</para> </listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycap >L</keycap ></term> <listitem> <para >Conmutar que se vexa unha lenda sobre o obxecto</para> </listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycap >O</keycap ></term> <listitem> <para >Engadir o obxecto á <link linkend="tool-observinglist" >Lista de observación</link ></para> </listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycap >T</keycap ></term> <listitem> <para >Conmutar que se vexa unha curva visíbel no ceo que mostre o roteiro do obxecto polo ceo (só aplicábel aos obxectos do Sistema Solar) </para> </listitem> </varlistentry> </variablelist> </para> <note> <para >Cando se preme tamén a tecla &Alt;, estas accións realízanse sobre o obxecto centrado, no canto de sobre o obxecto seleccionado. </para> </note> </sect2 > <!--object actions--> </sect1 > <!--objects in the sky--> <sect1 id="endtour"> <title >Fin da visita</title> <para >Con isto remata a visita ao &kstars;, ainda que só rabuñamos a superficie das características disponíbeis. O &kstars; inclúe moitas <link linkend="tools" >ferramentas astronómicas</link >, pode <link linkend="indi" >controlar telescopios</link > directamente e ofrece unha gran variedade de <link linkend="config" >opcións de configuración e personalización</link >. Alén disto, este Manual inclúe o <link linkend="astroinfo" >Proxecto AstroInfo</link >, unha serie de artigos breves con ligazóns internas que explican algúns dos conceptos celestes e astrofísicos que hai por detrás do &kstars;. </para> </sect1> </chapter>