<sect1 id="ai-sidereal"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >Hora sidérea</title> <indexterm ><primary >Hora sidérea</primary> <seealso >Ángulo horario</seealso> </indexterm> <para >A <firstterm >hora sidérea</firstterm > significa literalmente <quote >hora das estrelas</quote >. A hora que estamos afeitos a empregar na nosa vida cotidiá é a hora solar. A unidade fundamental da hora solar é un <firstterm >día</firstterm >: o tempo que lle leva ao Sol viaxar 360 graos arredor do ceo debido á rotación da Terra. As unidades menores da hora solar son simplemente divisións dun día: </para ><para> <itemizedlist> <listitem ><para >1/24 día = 1 hora</para ></listitem> <listitem ><para >1/60 hora = 1 minuto</para ></listitem> <listitem ><para >1/60 minuto = 1 segundo</para ></listitem> </itemizedlist> </para ><para >Porén, hai un problema coa hora solar. Na verdade, a Terra non xira 360 graos nun día solar. A Terra está en órbita arredor do sol e, no curso dun día, móvese aproximadamente un grao na súa órbita (360 graos/365,25 días para unha órbita completa = arredor dun grao por día). Polo tanto, en 24 horas a dirección cara o Sol muda en arredor dun grao. En consecuencia, a Terra ten que xirar 361 graos para facer que Sol semelle ter viaxado 360 graos arredor do ceo. </para ><para >Na astronomía preocúpanos canto lle leva á Terra xirar en relación ás estrelas <quote >fixas</quote >, non ao Sol. Por iso, gostaríamos dunha escala temporal que eliminase a complicación da órbita da Terra arredor do Sol e se centrase simplemente en canto lle leva á Terra xirar 360 graos en relación ás estrelas. Este período de rotación chámase <firstterm >día sidéreo</firstterm >. Como media, é 4 minutos máis curto que un día solar debido ao grao extra que a Terra xira nun día solar. No canto de definir un día sidéreo como 23 horas e 56 minutos, definimos horas, minutos e segundos sidéreos que son a mesma fracción dun día que os seus correspondentes solares. Polo tanto, un segundo solar = 1,00278 segundos sidéreos. </para ><para >A hora sidérea é útil para determinar onde están as estrelas a calquera hora dada. O tempo sidéreo divide unha rotación completa da Terra en 24 horas sidéreas; de maneira semellante, o mapa do ceo divídese en 24 horas de <firstterm >ascensión recta</firstterm >. Isto non é unha coincidencia; a hora sidérea local (<acronym >LST</acronym >) indica a ascensión recta no ceo que está a cruzar actualmente o <link linkend="ai-meridian" >meridiano local</link >. Polo tanto, se unha estrela ten unha ascensión recta de 05h 32m 24s, estará no teu meridiano ás LST=05:32:24. De xeito máis xeral, a diferenza entre a <acronym >AR</acronym > e a hora sidérea local diche a que distancia está o obxecto do meridiano. Por exemplo, o mesmo obxecto ás LST=06:32:24 (unha hora sidérea máis tarde) estará unha hora de ascensión recta ao oeste do teu meridiano, o que son 15 graos. Esta distancia angular desde o meridiano coñécese como <link linkend="ai-hourangle" >ángulo horario</link > do obxecto. </para> <tip> <para >O &kstars; mostra a hora sidérea local na <guilabel >Caixa de información horaria</guilabel > coa lenda <quote >ST</quote > (hai que <quote >desocultar</quote > a caixa preméndoa dúas veces para ver a hora sidérea). Lembra que os segundos sidéreos que cambian non se sincronizan cos segundos da hora local e da hora universal que cambian. De feito, se ollas para os reloxos durante un pouco percibirás que os segundos sidéreos son un pouco máis curtos que os segundos LT e UT. </para ><para >Apunta para o <link linkend="ai-zenith" >cénit</link > (preme <keycap >Z</keycap > ou selecciona <guimenuitem >cénit</guimenuitem > no menú <guimenu >Localización</guimenu >. O cénit é o punto do ceo que se ve cando se mira xusto <quote >para riba</quote > desde o solo e é un pundo do teu <link linkend="ai-meridian" >meridiano local</link >. Observa a ascensión recta do cénit: é exactamente a mesma que a hora sidérea local. </para> </tip> </sect1>