<sect1 id="tool-solarsys"> <title >Visor do Sistema Solar</title> <indexterm ><primary >Ferramentas</primary> <secondary >Visor do Sistema Solar</secondary> </indexterm> <screenshot> <screeninfo >O visor do Sistema Solar </screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="solarsystem.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Visor do Sistema Solar</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> <para >Esta ferramenta presenta un modelo do noso sistema solar visto desde arriba. O Sol debúxase como un punto amarelo no centro do diagrama e as órbitas dos planetas debúxanse como elipses coas formas e orientacións correctas. A posición actual de cada planeta na súa órbita debúxase cun punto de cor xunto cunha lenda. O visor pódese alonxar e achegar coas teclas <keycap >+</keycap > e <keycap >-</keycap > e pódese volver a centrar coas teclas das frechas ou premendo dúas veces calquera parte da xanela co rato. Tamén se pode centrar nun planeta coas teclas <keycap >0–9</keycap > (<keycap >0</keycap > é o Sol, <keycap >9</keycap > é Plutón). Ao se centrar nun planeta, este será seguido segundo pasa o tempo na ferramenta. </para> <para >O Visor do Sistema Solar ten o seu propio reloxo, independente do reloxo da xanela principal do &kstars;. Hai un selector de paso de tempo aquí semellante ao da barra de ferramentas da xanela principal. Porén, este control ten por omisión un paso de tempo de 1 día) para que se poidan ver os movementos dos planetas) e comeza co reloxo detido cando se abre a ferramenta. </para> <note> <para >O modelo actual empregado para a órbita de Plutón só é bon para datas 100 anos arredor da data actual. Se deixas que o reloxo do Sistema Solar avance alén deste intervalo verás que Plutón se comporta de xeito moi estraño! Ten en conta esta limitación, que nós tentaremos mellorar o modelo orbital de Plutón pronto. </para> </note> </sect1>