<sect1 id="ai-utime"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >Hora universal</title> <indexterm ><primary >Hora universal</primary> <seealso >Zonas horarias</seealso> </indexterm> <para >A hora dos nosos reloxios é esencialmente unha medida da posición actual do Sol no ceo, que é diferente en lugares en lonxitudes diferentes porque a Terra é redonda (le <link linkend="ai-timezones" >Zonas horarias</link >). </para ><para >Porén, ás veces é preciso definir unha hora global, unha que sexa a mesma para todos os lugares da Terra. Un xeito de o facer é escoller un lugar da Terra, adoptar a hora local dese lugar como <firstterm >hora universal</firstterm >, abreviado como <abbrev >UT</abbrev >. (O nome pode confundir, porque a hora universal ten pouco a ver co Universo. Sería mellor considerala como <emphasis >hora global</emphasis >). </para ><para >O lugar xeográfico escollido para representar a hora universal é Greenwich, en Inglaterra. A escolla é arbitraria e histórica. A hora universal tornouse un concepto importante cando os barcos europeos comezaron a navegar o mar aberto, lonxe de referencias coñecidas. Un navegante podía calcular a lonxitude do barco comparando a hora local (medida pola posición do Sol) coa hora no porto de partida (que marcaba un reloxo preciso a bordo do barco). Greenwich era a sede do Observatorio Real de Inglaterra, encargado de marcar a hora con moita precisión para que os barcos no porto puidesen volver a calibrar os seus reloxos antes de zarpar. </para> <tip> <para >Exercicio:</para> <para >Axusta o lugar xeográfico a <quote >Greenwich, Inglaterra</quote > empregando a xanela <guilabel >Axustar localización</guilabel > (<keycombo action="simul" >&Ctrl;<keycap >G</keycap ></keycombo >). Percibirás que a hora local (<abbrev >LT</abbrev >) e a hora universal (<abbrev >UT</abbrev >) son a mesma. </para ><para >Máis para ler: A historia da construción do primeiro reloxo que foi preciso e estábel dabondo como para ser empregado nos barcos para manter a hora universal é unha narrativa fascinante e está moi ben contada no libro <quote >Longitude</quote > de Dava Sobel. </para> </tip> </sect1>