<chapter id="authors"> <title >Autores e historial</title> <para >Este proxecto foi iniciado por Paul Hensgen como un dos seus proxectos na universidade. O nome orixinal da aplicación era <application >UML Modeller</application >. Paul fixo todo o desenvolvimento até finais de 2001 cando o programa acadou a versión 1.0. </para> <para >A versión 1.0 xa oferecía moitas funcionalidades, pero tras a revisión do proxecto na Universidade onde Paul estudaba, outros desenvolvementes puideron unirse e comezar a facer importantes contribucións a <application >UML Modeller</application >, como trocar dun formato binario de ficheiro a un ficheiro &XML;, soportar máis tipos de Diagramas &UML;, Xeración de código e Importación de código, só por citar unhas poucas. </para> <para >Paul tivo que retirarse da equipa de desenvolventes no verao de 2002, pero, como sóftware libre e de código aberto, o programa continúa a mellorar e evoluír xa que está a ser mantido por un grupo de desenvolventes de diferentes partes do mundo. En setembro de 2002 o proxecto mudou o nome de <application >&UML; Modeller</application > para &umbrello;. Hai varias razóns para o troco do nome, sendo as máis importantes que só <quote >uml</quote > —como era comunmente coñecido— era xenérico de máis e causaba problemas nalgunhas distribucións. Outra razón importante é que os desenvolventes pensan que <application >Umbrello</application > é un nome moito mellor. </para> <para >O desenvolvimento de &umbrello; e as discusións acerca de aonde debe dirixirse o desenvolvimento das futuras versións, é aberto e realízase en internet. Se desexa contribuir ao proxecto, non dubide en contactar cos desenvolventes. Hai moitos xeitos nos que pode axudar a &umbrello;: </para> <itemizedlist> <listitem ><para >Informando de erros ou enviando suxestións</para ></listitem> <listitem ><para >Corrixindo erros ou engadindo funcionalidades</para ></listitem> <listitem ><para >Escribindo documentación ou traducíndoo a outros idiomas</para ></listitem> <listitem ><para >E por suposto... programando con nós!</para ></listitem> </itemizedlist> <para >Como pode ver, hai moitos de axudar. Todos son moi importantes e calquera é benvido para participar. </para> <para >Os desenvolventes de &umbrello; poden ser localizados en <email >uml-devel@lists.sourceforge.net</email >. </para> </chapter>