<sect1 id="tool-jmoons"> <title >Ferramenta Lúas de Xúpiter</title> <indexterm ><primary >Ferramentas</primary> <secondary >Ferramenta Lúas de Xúpiter</secondary> </indexterm> <screenshot> <screeninfo >A ferramenta Lúas de Xúpiter </screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="jmoons.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Ferramenta Lúas de Xúpiter</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> <para >Esta ferramenta mostra as posicións das catro lúas máis grandes de Xúpiter (Io, Europa, Ganimedes e Calisto) en relación a Xúpiter en función do tempo. O tempo represéntase verticalmente; as unidades son días e <quote >tempo=0,0</quote > corresponde coa hora actual de simulación. O eixo horizontal mostra a distancia angular da posición de Xúpiter en minutos de arco. A distancia mídese na dirección do ecuador de Xúpiter. Cada posición da lúa en función do tempo traza un roteiro sinusoidal na gráfica, segundo a lúa orbita arredor de Xúpiter. Cada roteiro ten asignada unha cor distinta para distinguilo dos outros; as lendas da parte superior da xanela indican a cor empregada por cada lúa. </para ><para >Pódese manexar a representación co teclado. Pódese expandir ou comprimir o eixo temporal coas teclas <keycap >+</keycap > e <keycap >-</keycap >. Pódese alterar a hora que se mostra no centro da xanela coas teclas <keycap >[</keycap > e <keycap >]</keycap >. </para> </sect1>