<sect1 id="tool-whatsup"> <title >Ferramenta Que pasa esta noite?</title> <indexterm ><primary >Ferramentas</primary> <secondary >Ferramenta Que pasa esta noite?</secondary> </indexterm> <screenshot> <screeninfo >A ferramenta Que pasa esta noite? </screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="wut.png" format="PNG"/> </imageobject> <textobject> <phrase >Que pasa esta noite?</phrase> </textobject> </mediaobject> </screenshot> <para >A ferramenta <quote >Que pasa esta noite?</quote > (WUT) mostra unha listaxe dos obxectos que serán visíbeis á noite en calquera lugar en calquera data. Por omisión, a data e o lugar tómanse da configuración actual da xanela principal, mais pódese alterar calquera dos dous valores cos botóns <guibutton >Mudar a data</guibutton > e <guibutton >Mudar o lugar</guibutton > da parte superior da xanela da ferramenta Que pasa esta noite? </para> <para >Esta ferramenta tamén mostra un breve almanaque de datos da data seleccionada: as horas de ascensión e de ocaso do Sol e a Lúa, a duración da noite e a fracción iluminada da Lúa. </para> <para >Por baixo do almanaque é onde se mostra a información sobre os obxectos. Estes organízanse en categorías de tipos. Ao seleccionar un tipo de obxecto na caixa chamada <guilabel >Escoller unha categoría</guilabel > móstranse todos os obxectos dese tipo que están por riba do horizonte na noite seleccionada na caixa chamada <guilabel >Obxectos coincidentes</guilabel >. Por exemplo, na imaxe seleccionouse a categoría <guilabel >Planetas</guilabel > e móstranse os catro planetas que se ven na noite seleccionada (Marte, Neptuno, Plutón e Urano). Cando se selecciona un obxecto da lista, móstranse as súas horas de ascensión, ocaso e tránsito no panel inferior dereito. Alén disto, pódese premer o botón <guibutton >Detalles dos obxectos</guibutton > para abrir a <link linkend="tool-details" >Xanela de detalles dos obxectos</link > dese obxecto. </para> <para >Por omisión, Que pasa esta noite? mostra os obxectos que están por riba do horizonte entre o solpor e a medianoite (isto é, <quote >até a medianoite</quote >). Pódese escoller que se mostren os obxectos que se ven entre a medianoite e o mencer (<quote >nas primeiras horas</quote >) ou entre o lusco-fusco e o mencer (<quote >a calquera hora da noite</quote >) co menú despregábel que hai perto da parte superior da xanela. </para> </sect1>