<sect1 id="ai-spiralgal"> <sect1info> <author ><firstname >Mike</firstname > <surname >Choatie</surname > </author> </sect1info> <title >Galaxias espirais</title> <indexterm ><primary >Galaxias espirais</primary> </indexterm> <para >As galaxias espirais son coleccións enormes de miles de millóns de estrelas, a maiora das cais están aplanadas en forma de disco, cun bulto brillante e esférico de estrelas no centro. Dentro do disco hai tipicamente brazos nos que se atopan as estrelas máis novas e brillantes. Estes brazos parten do centro nunha estrutura espiral, o que lles dá a estas galaxias o seu nome. As galaxias espirais semellan un pouco furacáns ou auga escorrendo por un furado. Son algúns dos obxectos máis fermosos do ceo. </para> <para >As galaxias clasifícanse empregando un <quote >diagrama de diapasón</quote >. O extremo do diapasón clasifica as <link linkend="ai-ellipgal" >galaxias elípticas</link > nunha escala desde a máis arredondada, que é unha E0, ás que aparecen máis aplanadas, que se clasifican como E7. As <quote >puntas</quote > do diapasón é onde se clasifican os dous tipos de galaxias espirais: as espirais normais e as espirais <quote >con barras</quote >. Unha espiral con barras é aquela cuxo bulto central se estira nunha liña, polo que literalmente parece que ten unha <quote >barra</quote > de estrelas no centro. </para ><para >Ambos os dous tipos de galaxias subclasifícanse de acordo coa prominencia do <quote >bulto</quote > central de estrelas, o brillo superficial xeral e o apretado dos brazos espirais. Estas características están relacionadas, de xeito que unha galaxia Sa ten un bulto central grande, un brillo superficial grande e brazos espirais apretados. Unha galaxia Sb ten un bulto menor, un disco máis tenue e brazos máis soltos que unha Sa, e así con Sc e Sd. As galaxias con barras empregan o mesmo esquema de clasificación, indicado polos tipos SBa, SBb, SBc e SBd. </para ><para >Existe outra clase de galaxia chamada S0, que é morfoloxicamente un tipo de transciión entre as espirais verdadeiras e as elípticas. Os seus brazos espirais están tan apretados que resultan indistinguíbeis; as galaxias SO teñen discos dun brillo uniforme. Teñen tamén un bulto extremamente dominante. </para ><para >A Vía Láctea, que é o fogar da Terra e de todas as estrelas do noso ceo, é unha galaxia espiral e pénsase que é unha espiral con barras. O nome <quote >Vía Láctea</quote > refírese a unha banda de estrelas moi ténues do ceo. Esta banda é o resultado de ollar o plano da nosa galaxia desde a nosa perspectiva dentro dela. </para ><para >As galaxias espirais son entidades moi dinámicas. Son o berce de formación de estrelas e conteñen moitas estrelas novas nos seus discos. Os seus bultos centrais tenden a estaren compostos de estrelas máis vellas e os seus halos difusos compóñense das estrelas máis vellas do universo. A formación de estrelas é activa nos discos porque é alí onde o gas e o pó están máis concentrados. o gas e o pó son os bloques constituintes da formación das estrelas. </para ><para >Os telescopios modernos teñen revelado que moitas galaxias espirais albergan furados negros supermasivos nos seus centros, con masas que exceden a de mil millóns de Soles. Sábese que tanto as galaxias elípticas como as espirais conteñen estes obxectos exóticos; de feito, moitos astrónomos pensan agora que <emphasis >todas</emphasis > as galaxias grandes conteñen un furado negro supermasivo no seu núcleo. Sábese que a nosa propia Vía Láctea alberga un furado negro no seu núcleo cunha masa millóns de veces maior do que a masa dunha estrela. </para> <tip> <para >Existen moitos exemplos lindos de galaxias espirais que se poden atopar no &kstars; e moitas teñen fermosas imaxes disponíbeis no seu <link linkend="popup-menu" >menú emerxente</link >. Pódense atopar empregando a xanela <link linkend="findobjects" >Procurar un obxecto</link >. Velaquí unha lista dalgunhas galaxias espirais con imaxes bonitas disponíbeis: <itemizedlist> <listitem ><para >M 64, a Galaxia Ollo Negro (tipo Sa)</para ></listitem> <listitem ><para >M 31, a Galaxia de Andrómeda (tipo Sb)</para ></listitem> <listitem ><para >M 81, Galaxia de Bode (tipo Sb)</para ></listitem> <listitem ><para >M 51, a Galaxia Remuíño (tipo Sc)</para ></listitem> <listitem ><para >NGC 300 (tipo Sd) [emprega a ligazón á imaxe DSS]</para ></listitem> <listitem ><para >M 83 (tipo SBa)</para ></listitem> <listitem ><para >NGC 1530 (tipo SBb)</para ></listitem> <listitem ><para >NGC 1073 (tipo SBc)</para ></listitem> </itemizedlist> </para> </tip> </sect1>