<?xml version="1.0" ?> <!DOCTYPE book PUBLIC "-//KDE//DTD DocBook XML V4.2-Based Variant V1.1//EN" "dtd/kdex.dtd" [ <!ENTITY kappname "&plasma;"> <!ENTITY package "kde-module"> <!ENTITY % addindex "IGNORE"> <!ENTITY % Galician "INCLUDE"> ]> <book lang="&language;"> <bookinfo> <title >O manual de &plasma;</title> <authorgroup> <author ><personname > <firstname >Sebastian</firstname > <surname >Kügler</surname > </personname > <email >sebas@kde.org</email > </author> <othercredit role="translator" ><firstname >Marce</firstname ><surname >Villarino</surname ><affiliation ><address ><email >mvillarino@users.sourceforge.net</email ></address ></affiliation ><contrib >Tradutor do proxecto Trasno</contrib ></othercredit > </authorgroup> <copyright> <year >2008</year> <holder >Sebastian Kügler</holder> </copyright> <legalnotice >&FDLNotice;</legalnotice> <date >2008-06-03</date> <releaseinfo >1.01.00</releaseinfo> <abstract> <para >&plasma;, o pilar máis visíbel de &kde;, é o cerne da interface do escritorio. </para> </abstract> <keywordset> <keyword >KDE</keyword> <keyword >Plasma</keyword> <keyword >Plasmoide</keyword> <keyword >Contedores</keyword> <keyword >Escritorio</keyword> <keyword >Executor</keyword> <keyword >Kicker</keyword> </keywordset> </bookinfo> <chapter id="introduction"> <title >Introdución</title> <para >&plasma; é unha das tecnoloxías máis importantes de &kde; 4 (tamén coñecidas como os "Pilares de &kde;"), e é unha das máis visíbeis para os usuarios. Xa que &plasma; trata á interface do usuario dun xeito diferente aos escritorios tradicionais, pode haber confusión acerca do que é &plasma;, que fai, e como facer cousas comúns. </para> <para >Este documento tenta resolver estes problemas dando respostas ás preguntas máis habituais. </para> </chapter> <chapter id="using-kapp"> <title >Utilización de &plasma;</title> <sect1 id="plasmoids-and-containments"> <title >&plasmoids; e Contedores</title> <para >A esencia de Plasma xira arredor de dous conceitos principais: </para> <variablelist> <varlistentry> <term >&plasmoids;</term> <listitem> <para >Applets, ou aplicacionciñas que residen no escritorio. </para> </listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term >Contedores</term> <listitem> <para >Applets que actúan como contedores de &plasmoids; </para> </listitem> </varlistentry> </variablelist> <para >Nun escritorio tradicional, hai dous elementos principais: o Painel e o escritorio en si. Ambos os dous son contedores segundo &plasma;. </para> </sect1> <sect1 id="panel"> <title >O Painel</title> <para >O painel contén un par de &plasmoids;, da esquerda á dereita, está o lanzador de programas &kickoff;. Pode utilizalo para iniciar os programas, abrir ficheiros recentes e para as opcións usuais de sair/apagar. Tamén hai unha estrutura que lle permite navegar polos programas. A disposición foi optimizada para o caso de utilización máis habitual: lanzar un programa. A páxina por omisión é a de <guilabel >Favoritos</guilabel >, que contén as entradas máis usadas. Ao principio, posibelmente emprege máis a miúdo a páxina de <guilabel >Programas</guilabel >, pero cando saiba cais son os programas que inicia máis a miúdo, prema co botón <mousebutton >dereito</mousebutton > do rato nos ítens e escolla a opción <guimenuitem >Engadir aos favoritos</guimenuitem > para que aparezan tamén en <guilabel >Favoritos</guilabel > (ou directamente no painel ou no escritorio. Lembre que debe "desbloquear" Plasma premendo o botón <mousebutton >dereito</mousebutton > no escritorio para facer calquer modificación). Se prefere o lanzador de programas de &kde; co estilo tradicional de menú, múdeo premendo co botón <mousebutton >dereito</mousebutton > no botón do menú e escollendo <guimenuitem >Trocar ao estilo de menú clásico</guimenuitem >. </para> <para >O seguínte ícone (que semella ou un ordenador de escritorio ou un portátil, segundo o tipo de máquina) é o <application >Notificador de dispositivos</application >. Conecte un disco <acronym >USB</acronym > e mostrarase un diálogo que lle permite abrir o dispositivo en &dolphin;. </para> <para >O seguinte ítem no painel é o <application >Paxinador</application >. Este permítelle trocar entre os escritorios virtuais. Se muda a disposición do <application >Paxinador</application > mediante a opción <guimenuitem >Número de filas</guimenuitem >, tamén afectará á disposición e ás animacións que se mostran co efeito de <guimenuitem >Grella do escritorio</guimenuitem > de &kwin; (Se activa o efeito, prema <keycombo ><keycap >Ctrl</keycap ><keycap >F8</keycap ></keycombo > para velo.) Se os paxinadores son máis grandes, polo xeral é boa idea habilitar a opción <guimenuitem >Mostrar ícones das fiestras</guimenuitem >. </para> <para >A barra de tarefas está xunto ao painel. Por omisión mostra unha área con todas as fiestras abertas no escritorio actual. Pode facer que mostre todas as fiestras se sinala a opcións <guimenuitem >Percorrer as fiestras de todos os escritorios</guimenuitem >. Prema co boton <mousebutton >primario</mousebutton > na moldura da fiestra, escolla <guimenuitem >Comportamento da fiestra</guimenuitem >, e busque esta opción no diálogo de <guilabel >Foco</guilabel >. O <guimenuitem >efeito Exposè</guimenuitem > de &kwin; fornece unha funcionalidade semellante, xa que dispón todas as fiestras na pantalla, se escrebe filtra a lista, e pode precorrelas co rato ou cos cursores. O tamaño do texto dos itens da barra de tarefas pode modificarse en &systemsettings;, en <menuchoice ><guimenu >Aparencia</guimenu ><guisubmenu >Tipos de letra</guisubmenu ><guimenuitem >Barra de tarefas</guimenuitem ></menuchoice >. </para> <para >O seguinte no painel predeterminado é o <application >reloxo dixital</application >. Este reloxo pode mostrar a hora de diferentes zonas horarias e variar de tamaño. Axustará o tamaño das letras á área que se lle dé mediante o contenedor que o arrodea (que neste caso é o painel). Se escolle mostrar a data, esta será debuxada empregando a <guimenuitem >Fonte pequena</guimenuitem > do diálogo de <guilabel >Tipos de letra</guilabel > de &systemsettings;. A hora ocupará o resto do espazo. Deste xeito, vde. terá que escoller por si a cantidade de información mostrada, e se coube. Se desexa mostrar máis información, faga máis grande o painel ou poña o reloxo no escritorio, onde poderá aumentalo de tamaño libremente. </para> <para >O &plasmoid; á dereita de todo no painel predeterminado é a <application >Bandexa do sistema</application >, que é empregada polos programas tradicionais como un lugar onde acoplarse. </para> </sect1> <sect1 id="toolboxes"> <title >As caixas de ferramentas do painel</title> <para >Se desbloqueou o escritorio (pode facelo premendo co botón <mousebutton >secundario</mousebutton > do rato no escritorio, ou se nengún programa está focalizado, con <keycombo ><keycap >&Ctrl;</keycap ><keycap >L</keycap ></keycombo >), aparecerá un logotipo de &plasma; no canto inferior dereito (chámaselle popularmente "castaña"). Se preme nesta castaña abrirase o controlador do painel, que lle permite mudar a posición, o tamaño e o aliñamento do painel. Os &plasmoids; que residan neste painel axustarán automaticamente o tamaño, xa que teñen coñecimentos básicos acerca do tamaño dados polo contedor. Están programados para aproveitarse do tamaño, e informar á applet acerca de canto espazo poden precisar. No fondo, o contedor dalle ás applets unha indicación do tamaño disponíbel, e a applet obedece. </para> </sect1> <sect1 id="add-applets"> <title >Engadir applets</title> <para >Destranque o escritorio e poderá engadir e eliminar &plasmoids; do painel e do escritorio. Pode engadir &plasmoids; simplesmente arrastrándoos a onde desexe telos. Prema co botón <mousebutton >Dereito</mousebutton > nunha applet para eliminala. O diálogo <guilabel >Engadir applets</guilabel > tamén lle permite sinalar certas applets como <guilabel >Favorita</guilabel > de xeito que as poda buscar nun futuro con máis facilidade. O botón <guibutton >Instalar novos widgets</guibutton > permítelle engadir widgets que obtivese previamente. Na actualidade admite paquetes nativos de &plasmagik; e widgets do dashboard de &Mac; OSX. Os widgets que instale deste xeito estarán acesíbeis da mesma maneira que os preinstalados. </para> </sect1> <sect1 id="desktop"> <title >O escritorio</title> <para >De feito o escritorio é outo continente. Un que non limita o tamaño das applets, que poden moverse e mudar de tamaño libremente. Nun escritorio non trancado, os &plasmoids; mostrarán unha moldura cando poña o rato por riba deles. Esta asa da applet permítelle mover, mudar o tamaño, mudar a posición e realinar o painel, e tamén lle permite arrastras Plasmoides para o escritorio. Os botóns na esquina son empregados para mudar o tamaño, xirar, configurar e eliminar a applet. Cando está xirado, o &plasmoid; voltará magneticamente ás 12, polo que é fácil devolvelo a unha posición importante. Por omisión, a maioría das applets conservan as súas proporcións cando se lles muda o tamaño. Se desexa mudar libremente o tamaño dunha applet, manteña calcada a tecla &Ctrl; mentres lle muda o tamaño. </para> <para >Se preme co botón dereito no escritorio tamén se lle oferecerá a posibilidade de configurar aspeitos como o fondo de escritorio empregado, e o tema de &plasma;. Ambas as dúas accións permiten obter novos fondos de escritorio e temas mediante &knewstuff;. </para> <para >Se ten programas abertos, axiña lle será difícil ver os &plasmoids; no escritorio. O <emphasis role="bold" >Dashboard</emphasis > pon estes &plasmoids; diante súa, dun xeito semellante á funcionalidade <guilabel >Mostrar o escritorio</guilabel > dos escritorios tradicionais. </para> </sect1> <sect1 id="krunner"> <title >&krunner;</title> <para >&krunner; é unha mini liña de comandos moi versátil. Pode utilizala para lanzar programas, abrir páxinas web, aceder aos marcadores, procurar nos datos do escritorio, calcular ecuacións e moitas máis cousas. Se preme en <keycombo >&Alt;<keycap >F2</keycap ></keycombo > abrirá o diálogo de &krunner;. Simplesmente comece a escreber e &krunner; comezará a procurar cousas que casen tan axiña como escreba máis de dous caracteres. Pode abrir o diálogo de configuración para aprender máis acerca das funcionalidades de &krunner;, que son fornecidas por extensións. Pode examinar as coincidencias mediante os cursores e o tabulador. </para> <para >Se desexa saber que é o que está a acontecer no seu escritorio, ten o botón de <guibutton >Mostrar a actividade do sistema</guibutton >, que lle dá aceso rápido a unha lista de fiestras e procesos, con opcións para vixiar a súa saída e matar procesos. </para> </sect1> <sect1 id="zooming-user-interface"> <title >"Actividade" ou a &zui; (ZUI)</title> <para >A caixa de ferramentas do escritorio, á que se acede na esquina superior esquerda, ten un botón para alonxar. &plasma; permítelle ter máis dunha actividade. Basicamente isto son múltiplos continentes de escritorio que aloxan varios conxuntos de &plasmoids;. Alónxese a actividade actual, escolla <guilabel >Engadir unha actividade</guilabel > para criar un continente novo, achéguese ao novo continente e personalíceo para adaptalo ao seu gosto. O achegamento de &plasma; e a grella do escritorio de &kwin; son semellantes nisto, pero hai unha diferenza fundamental. Mentres que os escritorios virtuais empréganse para agrupar e organizar fiestras, as actividades de &plasma; empréganse para agrupar e organizar plasmoides. Deste xeito, pode trocar entre actividades que teñan &plasmoids; que dean soporte á tarefa que está a facer. Pode crear unha actividade para "Tempo de lecer" con viñetas de humor, quebracabezas e outros &plasmoids;, e unha de traballo, con fontes <acronym >RSS</acronym > de interese, unha calculadora e unha axenda, por exemplo. </para> </sect1> <sect1 id="shortcuts"> <title >Atallos</title> <para >A maior parte da funcionalidade de &plasma; tamén está disponíbel mediante atallos de teclado. Na actualidade, só pode empregar os atallos predeterminados: </para> <variablelist> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >A</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Engadir widgets</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >L</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Trancar os widgets</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >-</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Alonxar</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >=</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Achegar</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >N</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Seguinte applet</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >P</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Anterior applet</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >]</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Seguinte contedor</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >[</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Anterior contedor</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >S</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Configuración da applet</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term> <keycombo >&Shift;&Ctrl;<keycap >S</keycap > </keycombo> </term> <listitem ><para >Configuración do contedor</para ></listitem> </varlistentry> <varlistentry> <term ><keycombo >&Ctrl;<keycap >R</keycap ></keycombo ></term> <listitem ><para >Eliminar a applet</para ></listitem> </varlistentry> </variablelist> </sect1> </chapter> <chapter id="credits"> <title >Recoñecimentos e Licenza</title> <para >&plasma; </para> <para >Copyright do programa 2008 &Aaron.J.Seigo; &Aaron.J.Seigo.mail; </para> <!-- ADD CONTRIBUTORS AS NEEDED <para> Contributors: <itemizedlist> <listitem ><para >Konqui the KDE Dragon <email >konqui@kde.org</email ></para> </listitem> <listitem ><para >Tux the Linux Penguin <email >tux@linux.org</email ></para> </listitem> </itemizedlist> </para> --> <para >Copyright da documentación © 2008 Sebastian Kügler <email >sebas@kde.org</email > </para> <para >mvillarino<email >mvillarino@users.sourceforge.net</email ></para > &underFDL; </chapter> &documentation.index; </book> <!-- Local Variables: mode: xml sgml-minimize-attributes:nil sgml-general-insert-case:lower sgml-indent-step:0 sgml-indent-data:nil End: vim:tabstop=2:shiftwidth=2:expandtab kate: space-indent on; indent-width 2; tab-width 2; indent-mode none; -->