<chapter id="interface"> <title >A interface</title> <section id='image_operations' ><title >Operacións coas imaxes</title> <para >Gwenview dispón de varias características disponíbeis nas vistas Navegar, Vista e Pantalla Completa. Gwenview ten a capacidade de realizar alteracións básicas nas imaxes.</para> <itemizedlist> <listitem ><para >Xirar: a operación de xirar rota a imaxe para a esquerda ou para a dereita, dependendo de se se fai <menuchoice > <shortcut > <keycombo action="simul" >&Ctrl;<keycap >R</keycap ></keycombo > </shortcut > <guimenu >Editar</guimenu > <guimenuitem >Xirar á dereita</guimenuitem > </menuchoice > ou <menuchoice > <shortcut > <keycombo action="simul" >&Ctrl;<keycap >L</keycap ></keycombo > </shortcut > <guimenu >Editar</guimenu > <guimenuitem >Xirar á esquerda</guimenuitem > </menuchoice > </para ></listitem> <listitem ><para ><menuchoice > <guimenu >Editar</guimenu > <guimenuitem >Espello</guimenuitem > </menuchoice >: Esta operación reflecte a imaxe segundo o eixo vertical, como se se vise nun espello.</para ></listitem> <listitem ><para ><menuchoice > <guimenu >Editar</guimenu > <guimenuitem >Inverter</guimenuitem > </menuchoice >: Esta operación reflecte a imaxe de arriba para baixo (unha reflexión sobre o eixo horizontal)</para ></listitem> <listitem ><para ><menuchoice > <guimenu >Editar</guimenu > <guimenuitem >Mudar o tamaño</guimenuitem > </menuchoice >: Esta operación permite reducir ou expandir a imaxe. Teña en conta que se se aumenta o tamaño dunha imaxe, esta pode aparecer borrosa e/ou pixelada.</para ></listitem> <listitem ><para ><menuchoice > <guimenu >Editar</guimenu > <guimenuitem >Recortar</guimenuitem > </menuchoice >: Esta operación permite descartar as partes da imaxe que non se queiran. </para ></listitem> </itemizedlist> </section> <section id='browse_mode' ><title >Modo Navegación</title> <para >No modo Navegación pódense examinar os ficheiros e os cartafoles. A xanela de vista previa mostra miniaturas das imaxes do cartafol actual, así como os subcartafoles. </para> <screenshot> <screeninfo >Captura de pantalla no modo Navegación</screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="browse_mode.png" format="PNG"/> </imageobject> </mediaobject> </screenshot> <para >Cando se move o rato por riba dunha imaxe vense botóns para xirar a imaxe, así como un botón para entrar no Modo a Pantalla Completa. Ao premer unha imaxe vaise para o Modo Vista. A barra lateral da dereita non aparece por omisión, mais pódese conmutar con <menuchoice > <shortcut ><keycap >F11</keycap ></shortcut > <guimenu >Vista</guimenu > <guimenuitem >Mostrar/Acochar a barra lateral</guimenuitem ></menuchoice > ou co botón <guiicon >Mostrar/Acochar a barra lateral</guiicon >. Lembre que a operación aparece como <guiicon >Mostrar a barra lateral</guiicon > ou <guiicon >Acochar a barra lateral</guiicon > dependendo de xa se se ve. A barra deslizante de abaixo á dereita permite alterar o tamaño das miniaturas das imaxes. Tamén se poden filtrar as imaxes polo nome do ficheiro na caixa de abaixo á esquerda. A barra de ferramentas (á esquerda) aparece nos modos Navegación e Vista e contén as accións máis frecuentes. </para> <itemizedlist> <listitem ><para >Navegación: Pasa ao Modo Navegación</para ></listitem> <listitem ><para >Vista: Pasa ao Modo Vista</para ></listitem> <listitem ><para >Pantalla Completa: Pasa ao Modo a Pantalla Completa</para ></listitem> <listitem ><para >Ir á imaxe anterior: Ao premer esta icona vaise á imaxe precedente do cartafol.</para ></listitem> <listitem ><para >Ir á imaxe seguinte: Ao premer este botón vaise á próxima imaxe do cartafol.</para ></listitem> <listitem ><para >Xirar á esquerda/dereita: O mesmo que se tratou en Operacións coas imaxes</para ></listitem> <listitem ><para >Mostrar a barra lateral: Mostra a barra lateral (á dereita) que mostra información acerca da imaxe actual.</para ></listitem> </itemizedlist> </section> <section id='view_mode' ><title >Modo Vista</title> <para >O modo Vista mostra unha imaxe de cada vez. Na parte inferior está a Barra de miniaturas, que permite ir pasando polas imaxes do cartafol actual. Pódese minimizar a Barra de miniaturas premendo o botón Barra de miniaturas. Restáurase ao premela de novo. </para> <screenshot> <screeninfo >Captura de pantalla no modo Vista</screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="view_mode.png" format="PNG"/> </imageobject> </mediaobject> </screenshot> <para >A barra deslizante de abaixo á dereita controla a ampliación da imaxe. Os botóns <guiicon >Axustar até encaixar</guiicon > e <guiicon >Tamaño real</guiicon > están a carón da barra deslizante e son dous niveis de ampliación predefinidos. O botón <guiicon >Axustar até encaixar</guiicon > amplía ou reduce a imaxe para que se axuste ao tamaño da xanela e o botón <guiicon >Tamaño actual</guiicon > amplía ou reduce a imaxe ao tamaño real en píxeles.</para> <tip ><para >Pódese comezar directamente no modo Vista iniciando o &kappname; desde un menú de contexto como Abrir con doutro programa ou lanzándoo desde a liña de comandos cunha imaxe como argumento.</para > </tip> </section> <section id='fullscreen_mode' ><title >Modo a pantalla completa</title> <para >O modo a pantalla completa mostra unha presentación das imaxes. Éntrase no modo a pantalla completa premendo o botón que aparece cando se move o rato sobre as miniaturas no modo Navegación, premendo o botón <guiicon >Pantalla completa</guiicon > da barra de ferramentas ou con <menuchoice > <shortcut > <keycombo action="simul" >&Ctrl;&Shift;<keycap >F</keycap ></keycombo > </shortcut > <guimenu >Vista</guimenu > <guimenuitem >Modo a pantalla completa</guimenuitem > </menuchoice >.</para> <screenshot> <screeninfo >Captura de pantalla no modo a pantalla completa</screeninfo> <mediaobject> <imageobject> <imagedata fileref="fullscreen_mode.png" format="PNG"/> </imageobject> </mediaobject> </screenshot> <para >A barra superior acóchase automaticamente; para vela só hai que mover o rato para a parte superior da pantalla. Se o cursor do rato está sobre a barra superior, esta non se acocha automaticamente. A maioría dos botóns da barra son os mesmos que os da barra de ferramentas nos modos Navegación e Vista, excepto o botón <guiicon >Sair do modo a pantalla completa</guiicon >, que nos devolve á xanela do &kappname; e o botón <guiicon >Inciar/Deter presentación </guiicon >, que mostra un pequeno diálogo de configuración que permite configurar a presentación doada e rapidamente. Os controles da presentación son: </para> <itemizedlist > <listitem ><para >O selector Intervalo controla o tempo durante o que o &kappname; mostra unha imaxe antes de pasar á seguinte.</para ></listitem> <listitem ><para >Se se selecciona Bucle, cando se chegue ao fin da presentación continúa desde o comezo no canto de se deter. </para ></listitem> <listitem ><para >Se selecciona Aleatorio, no canto de percorrer o cartafol alfabeticamente, as imaxes móstranse ao chou.</para ></listitem> </itemizedlist> <para >Na barra superior tamén hai unha área que mostra as demais imaxes do cartafol actual. Ao premer unha, móstrase esta.</para> </section> </chapter> <!-- vim: set ft=xml: -->