<sect1 id="ai-hourangle"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >Ángulo horario</title> <indexterm ><primary >Ángulo horario</primary> <seealso >Meridiano local</seealso > <seealso >Hora sidérea</seealso > </indexterm> <para >Como se explica no artigo sobre a <link linkend="ai-sidereal" >hora sidérea</link >, a <firstterm >ascensión recta</firstterm > dun obxecto indica a hora sidérea á que fará o tránsito ao longo do teu <link linkend="ai-meridian" >meridiano local</link >. O <firstterm >ángulo horario</firstterm > dun obxecto defínese como a diferenza entre a hora sidérea local e ascensión recta do obxecto: </para ><para ><abbrev >OA</abbrev ><subscript >obx</subscript > = <abbrev >LST</abbrev > - <abbrev >AR</abbrev ><subscript >obx</subscript > </para ><para >Polo tanto, o ángulo horario dun obxecto indica canto tempo sidéreo pasou desde que o obxecto estaba no meridiano local. Tamén é a distancia angular entre o obxecto e o meridiano, medido en horas (1 hora = 15 graos). Por exemplo, se un obxecto ten un ángulo horario de 2,5 horas, fixo o tránsito polo meridiano local hai 2,5 horas e está actualmente a 37,5 graos ao oeste do meridiano. Os ángulos horarios negativos indican o tempo até o <emphasis >vindeiro</emphasis > tránsito polo meridiano local. Por suposto, un ángulo horario de cero significa que o obxecto está actualmente no meridiano local. </para> </sect1>