<chapter id="introduction"> <title >Introdución</title> <sect1 id="what-is-gwenview"> <title >Que é &kappname;</title> <para >O &kappname; é un visor de imaxes para o KDE rápido e doado de empregar. </para> <para >O Gwenview preenta tres modos principais: Navegación, Vista e Pantalla Completa. O modo Navegación permite examinar o computador, para o que mostra as miniaturas das imaxes. O modo Vista permite ver unha imaxe de cada vez e Pantalla Completa permite crear presentacións rápidas. </para> <para >As imaxes cárganse coa biblioteca Qt, polo que o &kappname; admite todos os tipos de imaxes que admita a instalación do Qt. O &kappname; mostra correctamente as imaxes que teñan un canal alfa (transparencia), así como as animacións.</para> <para >O &kappname; permite mostrar e modificar os comentarios EXIF das imaxes JPEG. Tamén permite transformacións JPEG sen perdas, como rotacións e reflexións.</para> </sect1> </chapter> <!-- vim: set ft=xml: -->